> A Santiago una manifestazione per la sovranità e contro la corruzione | ilMinuto

A Santiago una manifestazione per la sovranità e contro la corruzione

(IlMinuto) – Cagliari, 5 marzo – Il 3 marzo scorso a Santiago una grande manifestazione per la sovranità e contro la corruzione ha portato migliaia di galiziani in piazza. A convocarli le numerose organizzazioni indipendentiste.

Concurrida manifestación contra a corrupción e pola soberanía

Nós-UP fala abertamente do inicio dunha nova etapa entre as formacións soberanistas. Na protesta non participaron nin Anova, nin CxG ou Abrente. A marcha celebrouse sen incidentes

A manifestación unitaria pola soberanía e contra a corrupción xuntou este domingo a menos dun milleiro de persoas segundo a Policía local e milleiros segundo os organizadores en Santiago convocados por numerosas organizacións do nacionalismo galego, entre elas, o BNG, CIG, Nos-UP, Causa Galiza, Fruga, Movemento pola Base, Isca, Linga Estudantil Galega, Comités, Candidatura do Povo, AMI, Briga, Isca! e CCPI.

‘Fronte á corrupción e a destrución social e cultural. Soberanía nacional’ foi o lema que encabezou a protesta que percorreu as rúas de Santiago e na que participaron numerosos dirixentes nacionalistas e independentistas.

Esta é a primera gran manifestación pola soberanía galega na que participan, unidos, diferentes organizacións do mundo nacionalista, entre elas o BNG. Non participaron, pola contra, outras organizacións, entre elas, Anova ou CxG. Tampouco ningún dirixente de Abrente, a corrente que lidera Carlos Aymerich e que forma parte do Bloque, participou na marcha.

As formacións convocantes resaltaron, nun manifesto que se leu ao final da protesta, que a soberanía é o “camiño” para facer fronte “á corrupción e a destrución social e cultural” de Galicia.

Durante este discurso escoitaronse berros de ‘Independencia’ e denunciouse, ademais, a “represión xudicial e política” contra os movementos que rexeitan o actual réxime político.

Unidade soberanista

Esta manifestación pode ser o inicio dunha nova recomposición do nacionalismo de esquerdas en Galicia. De feito, a UPG, o partido maioritario do BNG, aposta por afondar nesta liña na que coinciden con outras formacións como Nós-UP ou Causa Galiza.

“Esta manifestación condicionará o futuro inmediato da recomposición da esquerda nacionalista galega, cuxo eixo central pasa pola soberanía”, suliñou Carlos Morais, líder de Nós-UP, que se amosou “moi satisfeito” da presenza de partidos como o BNG na manifestación deste domingo. “Logrou que unha parte da esquerda nacionalista que durante moitos anos apostou pola vía esgotada do autonomismo, finalmente, se sumase ás posicións históricas da independencia e da ruptura democrática con España”, engadiu.

Non foi tan explícito o portavoz nacional do BNG. Guillerme Vázquez destacou a necesidade de camiñar cara a unha rexeneración do sistema político democrático. “Hai que camiñar nunha dirección totalmente diferente á que estamos a vivir”, dixo sen aludir á soberanía.

Sen incidentes

Ante o temor de que se produciran incidentes, a Delegación do Goberno ordenou o despregue de numerosos axentes policiais e ata dun helicóptero, pero a marcha transcurriu pacíficamente. Algúns dos participantes aproveitaron a ocasión para realizar pintadas contra entidades bancarias nas que se lían “lume contra o capital”.

Articolo di galiciaconfidencial.com

Fotografia di bloque_nacionalista_galego. Fonte Flickr

© RIPRODUZIONE RISERVATA

0 Risposte a “A Santiago una manifestazione per la sovranità e contro la corruzione”


I commenti sono chiusi.